Materia: Antropoloxía Social



Descargar 159.5 Kb.
Fecha de conversión28.01.2018
Tamaño159.5 Kb.



GUÍA DOCENTE

DE

Políticas Culturais e Interculturalidade

(Programa Oficial de posgrao en Servizos Culturais)


2016-2017

Xaquín Rodríguez Campos Beatriz Fernández Herrero

(coordinador)

Catedrático de Antropoloxía Social Titular Filosofía Moral



Facultade de Humanidades

Lugo

I. Información introdutoria sobre a materia



1. Datos básicos
MATERIA: Políticas culturais e interculturalidade

CÓDIGO: P5023103

TIPO DE MATERIA: Obrigatoria

CICLO: Posgrao.

Nº DE CRÉDITOS: 6 créditos

PERÍODO: 1º trimestre

DESCRITORES:

Parte A: Políticas culturais da Unión Europea, dos estados membros e das administracións locais, no contexto dos procesos de construción das nacións e de afirmación de identidades culturais en Occidente. Tratarase de ver en que medida esas políticas conseguen dar resposta aos problemas sociais das sociedades europeas, seguindo os métodos da análise antropolóxica. Abordarase o coñecemento dos tipos de programación cultural que ofrecen as principais cidades europeas. Analizarase o papel da industria cultural na construción de identidades culturais e das nacións.

Parte B: O fenómeno intercultural: aproximación conceptual, orixe e fundamentos éticos. O choque de civilizacións e o diálogo multicultural: bases éticas. A educación multicultural.


2. Requisitos previos:
Coñecementos introdutorios de Antropoloxía Social e Cultural, Filosofía e Socioloxía.
3. Profesorado:
Docentes:

Beatriz Fernández Herrero, Titular de Filosofía Moral

Xaquín Rodríguez Campos, Catedrático de Antropoloxía Social (Coordinador)

Lingua na que se imparte: Galego e castelán.


4. Titorías:
Despacho: 123 e 132

Facultade de Humanidades.




II. Sentido da materia no perfil do máster


  1. No bloque formativo do máster en Servizos Culturais:

A materia de Políticas culturais e Interculturalidade está orientada, na súa parte A, a proporcionar o coñecemento de políticas e programas culturais dos estados, das comunidades autónomas e locais e das industrias culturais. Na súa parte B, oriéntase cara á unha reflexión acerca dos aspectos éticos da interculturalidade. Desenvolve, por tanto, contidos fundamentais para un máster en Servizos culturais. Os coñecementos proporcionados pola Antropoloxía Social e Cultural e pola Socioloxía son imprescindibles para ese estudo. Proporciona tamén unha base de coñecementos fundamentais para outras materias do máster, a nivel de teorías e de análises aplicados. A presenza desta materia polo que aporta ao conxunto do máster pode articularse de maneira esquemática nos seguintes grupo de materias do actual plano estudos:


A nivel teórico:

Cooperación cultural internacional e procesos migratorios

Deseño turístico de eventos e rutas culturais

Políticas de xénero

Cultura e artes na era global

Patrimonio arqueolóxico e etnográfico

O imaxinario colectivo no mundo global


A nivel de métodos:

Desenvolvemento local e patrimonio cultural

Literatura e Patrimonio

Metodoloxía e recursos para a investigación humanística

Espectáculos e xestión


Deseño turístico



Cooperacióncultural int.

internacional



Cultura e artes

Patrimonio arq e. etnográfico







Políticas de xénero

_
Patrimonio arq e etnog


___________

_________________





Metodoloxía



Espectáculos


Literatura e patrimonio

cultural

Imaxinario colectivo

Desenvolvento e patrimonio


osofía moral

e política


2. Papel da materia no bloque e no conxunto do plano de estudos.
O coñecemento das políticas culturais e da interculturalidade constitúe unha materia obrigatoria no plano de estudos do máster en Servizos Culturais, por aportar contidos fundamentais. Proporciona ademais un coñecemento das aplicacións prácticas para a xestión de problemáticas sociais derivados das relacións interculturais e interétnicas características da globalización, que se observan nas concentracións urbanas e nas periferias rurais a nivel mundial, baseada nas perspectivas antropolóxica e da filosofía Moral.



  1. Interese da materia para o perfil profesional.

Os estudos sobre políticas e programas culturais xogan un papel moi importante na formación empresarial para servizos socioculturais, para o desenvolvemento local, así como na xestión cultural en todo tipo de institucións culturais. Proporcionan tamén boas alternativas para o desenvolvemento económico, tendo tamén outras aplicacións profesionais no campo da cooperación internacional, na xestión do turismo, nas políticas destinadas á integración dos inmigrantes e nos programas para a articulación social das cidades e das cidadanías.

Na parte dedicada a abordar o fenómeno intercultural farase unha primeira aproximación reflexiva aos aspectos éticos e mesmo deontolóxicos que todo profesional especialista en Servicios Culturais debe ter feita para o correcto exercicio da súa profesión.

III. Obxectivos da materia





  1. Conceptuais


Parte A:

O desenvolvemento socioeconómico e tecnolóxico precisa das políticas culturais para afrontar os problemas sociais que se derivan da modernización das sociedades. A programación cultural é o método para abordar eses problemas. Ë preciso estudar as políticas culturais deseñadas para xestionar a modernización social. Analizar as súas consecuencias e os programas culturais para a integración social de sectores marxinais.



Parte B:

- Comprender e manexar o vocabulario, conceptos e termos mais usuais da materia.

- Realizar unha aproximación conceptual ó fenómeno da interculturalidade desde o ámbito da ética.

- Analizar a problemática ética producida no contexto das relacións interculturais

- Analizar e profundizar nos fundamentos e na necesidade da educación intercultural

- Introducirse e profundizar nas cuestións relativas á educación multicultural e a sua necesidade na formación da cidadanía.





  1. Metodolóxicos


Parte A: Que o alumnado aprenda a deseñar programacións culturais, aplicando conceptos da antropoloxía aplicada e da socioloxía. Para isto é necesario que o alumnado realice prácticas de campo. Nas clases motivarase a discusión sobre casos prácticos.

Parte B:

- Saber acceder ás fontes de información.

- Desenrolar as capacidades de lectura comprensiva, interpretación, diálogo e debate razoados e construtivos.

- Introducirse nas técnicas de traballo en grupo e posta en común a través de exposicións orais e debates, así como de traballos escritos.

- Mellorar a comunicación oral e escrita, mediante a participación nas explicacións e nos debates e a realización de comentarios.


  1. Humanistas


Parte A:

Os programas culturais deben de estar pensados para solucionar problemas sociais e culturais das cidades, das sociedades rurais e das nacións, por tanto o estudo das súas aplicacións debe de servir para humanizar as políticas dos estados, das administracións e dos poderes económicos.



Parte B:
- Desenvolver a autoconciencia moral, propiciando a reflexión do alumnado, nas explicacións, nos comentarios e nos debates.

- Desenvolver a sensibilidade social ético-política, a través do fomento das capacidades empáticas e solidarias.

- Desenvolver a capacidade crítica, creativa e dialóxica do alumnado.

IV: Contidos da materia



a) Descritores da materia no Plano de Estudios
PARTE A: Conceptos de antropoloxía política aplicada. A cultura como base dos programas políticos internacionais. Procesos sociais, culturas populares e políticas culturais. As políticas culturais para as cidades e para o mundo rural. Conceptos sobre programación cultural. As políticas culturais das comunidades autónomas do estado español. O papel das industrias culturais na formación das identidades culturais.

PARTE B: Bases éticas da interculturalidade: dereitos humanos universais. Identidade moral e cidadanía nunha sociedade intercultural.


A formación de persoas e cidadáns nunha sociedade intercultural
b) Estrutura dos bloques de contidos
PARTE A:

* / ** /

Esta materia está dividida en tres bloques. No primeiro analízanse os conceptos da antropoloxía política aplicada á análise das políticas culturais. No segundo bloque trataranse as políticas culturais e os programas nacionais e internacionais. No terceiro dedicarase á industria cultural e á programación cultural.



c) Bloques e unidades de contido


  1. As políticas culturais no contexto da globalización económica.

  2. Políticas de revitalización das culturas populares e das identidades culturais en Europa.

  3. Conceptos e prácticas de programación cultural.


Tema I: Políticas culturais na globalización

O presente tema ten unha estrutura unitaria, polo que neste apartado os temas que o conforman recibirán un tratamento conxunto.




*/ ** / ***



1. Sentido do tema
Para os alumnos e alumnas que cursan esta materia é preciso introducilos nos problemas sociais que se intentan solucionar mediante as políticas culturais.
2. Epígrafes
1. Conceptos fundamentais de antropoloxía política.

2. A cultura nos programas políticos.



3. Materiais ou referencias
Os materiais básicos para preparar este bloque serán postos a disposición do alumnado na aula virtual.

4. Método de traballo
En primeiro lugar se procederá a unha exposición dos problemas e á explicación teórica dos conceptos elaborados pola disciplina, resolvendo as dúbidas que o alumnado presente trala análise dos materiais. Para despois pasar a unha fase de realización persoal dun glosario, que permitirá unha asimilación dos conceptos estudados.

5. Bibliografía

APPADURAI,A. (2003). Modernidad desbordada. Buenos Aires.

BOURDIEU, P. (1997). Razones prácticas. Sobre la teoría de la acción. Anagrama: Barcelona.

BOURDIEU, P. (1999). Contrafuegos. Reflexiones para servir a la reistencia contra la invasión neoliberal. Anagrama: Barcelona.


GARCÍA CANCLINI, N. (1999). La globalización imaginada. Paidós: Buenos Arires.

LINS RIBEIRO, G. (2007). Postimperialismo… Gedisa.

MÉNDEZ, L. (2004). Galicia en Europa. Sagadelos: Santiago de Compostela.

MÉNDEZ, L. - GONDAR, M. (2005). Política cultural…. Sevilla.

HANNERZ, U. (1998). Conexiones transnacionales. Grijalbo: Bercelona.
MILLER, T. - YÚDICE, G. (2004). Política cultural. Gedisa: Barcelona.

WARNIER, J-P. (2005). La mundialización de la cultura.

YÚDICE, G. (2005). El recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Gedisa: Barcelona.
Tema II: Políticas de revitalización
A estrutura do tema pretende abordar as políticas culturais concretas.


* / ** /



1. Sentido do Bloque
Intentarase que os alumnos e alumnas aprendan os conceptos cos que se deseñan as políticas e os programas culturais, así como a comprensión dos cambios socioculturais nas sociedades relacionados con elas.
2. Epígrafes
1. Políticas culturais sobre as culturas populares.

2. Identidades culturais e industrias culturais.



3. Materiais ou referencias
Os materiais básicos para preparar este bloque serán postos a disposición do alumnado no servizo de reprografía do Centro.
4. Método de traballo
Procederase a unha exposición dos temas máis importantes que son obxecto das políticas culturais nacionais e internacionais.
5. Bibliografía
BELLIER, I. – WILSON, T. (2000). An anthropology of the European Union. Oxford: Berg.

BOURIDEU, P. (2001). Contrafuegos 2. Por un movimiento social europeo. Anagrama: Barcelona.

GARCÍA CANCLINI, N. Y MONETA, J.C. (1999). Las industrias culturales en la integración latinoamericana. Grijalbo: México.

HANNERZ, U. (1993). Exploración de la ciudad. FCE: Barcelona.

LACARRIU, M. e ALVAREZ, M. (2008). La indigestión cultural. Buenos Aires: La crugía.

REYGADAS, L. (2006). Ensamblando culturas. Barcelona: Gedisa.

ROSEMAN, S., HERRERO, N., FIFE, W., RODRIGUEZ, X. (2008). The cultural politics of tourism and heritage in Galicia: Anthropological

Perspectives. Iberian Studies.

SASSEN, S. (1999). La ciudad global. Buenos Aires: Eudeba.

STALLAERT, C. (2004). Perpetuum mobile, entre la balcanización y la aldea global. Barcelona: Anthropos.

STOLKE, V. - COELLO, A. 2008). Identidades ambivalentes en América Latina. Barcelona: Bellaterra. Oxford: Berg

TURTON, D. – GONZALEZ, J. (Eds) (2001). Identidades culturales y minorías étnicas en Europa. Universidad de Deusto.



Tema III. Programación cultural



*/ ** / ***

Realización de traballos prácticos sobre programación cultural seguindo esquemas de orientación e materiais proporcionados na clase e na aula virtual.


PARTE B:

Para facilitar a abordaxe desta parte da materia, esta se presenta dividida en tres temas, ainda que todos eles están estreitamente relacionados entre sí: no primeiro, que ten un carácter introdutorio, abórdanse os aspectos éticos do fenómeno intercultural, definindo as súas bases éticas, e dedicando unha especial atención á súa fundamentación: os Dereitos Humanos. O segundo tema céntrase, na súa primeira parte, na cuestión do suxeito moral como individuo, atendendo ao seu desenvolvemento moral e á percepción dos “outros”; na segunda parte, aborda os aspectos sociais do suxeito que convive e se relaciona cos “outros”, analizando como debe ser a cidadanía nunha sociedade intercultural, plural e democrática. Por último, o terceiro tema está dedicado á educación nunha sociedade intercultural, fundamentando a súa necesidade e sinalando os ámbitos de formación cidadá aos niveis formal, informal e non formal.


Temas e unidades de contido
Tema 1: Aspectos éticos do fenómeno intercultural

- Bases éticas da interculturalidade

- A fundamentación nos DDHH
Tema 2: A identidade moral e a cidadanía nunha sociedade intercultural

- Desenvolvemento moral

- Cidadanía: concepto; cidadanía intercultural
Tema 3: A formación de persoas e cidadáns nunha sociedade intercultural

- Necesidade e fundamentación da educación intercultural

- Educación para a cidadanía: niveis formal, informal e non formal
TEMA 1: Aspectos éticos do fenómeno intercultural
1. Sentido do tema
Este tema constitúe unha primeira aproximación ao fenómeno da interculturalidade, que deberá ser definida xunto con outros conceptos relacionados, como o pluralismo, o relativismo, o multiculturalismo, a asimilación, etc., antes de abordar os seus aspectos éticos, que se fará seguidamente, pasando despois á reflexión acerca da posibilidade de fundamentar estes nos Dereitos Humanos, para o que será preciso traballar coa DUDH e investigar acerca do seu carácter histórico e universal, así coma noutros aspectos relacionados.
2. Epígrafes
- Bases éticas da interculturalidade

- A fundamentación nos DDHH


3. Materiais ou referencias
A selección de materiais e referencias estará dispoñible na Guía do tema, na aula virtual.
4. Método de traballo
Na aula virtual, o alumnado terá a súa disposición unha guía do tema, na que se indican os puntos esenciais a tratar, os materiais e as actividades que deberá realizar.

Contará ademais cun guión en ppt, no que se indican os puntos fundamentais (este guión será asimesmo traballado e ampliado nas clases presenciais).

Por último, poderá dispor dun listado de materiais complementarios, para debate e ampliación do tema.

A partir de aquí, o alumnado deberá presentar dous tarefas: en primeiro lugar, un ensaio que reflexione acerca das bases éticas da interculturalidade; en segundo lugar, deberá participar no Foro, debatendo acerca dos casos de dereitos humanos que ten ao seu dispor na aula virtual.


5. Bibliografía e materiais
a) BASES ÉTICAS DA INTERCULTURALIDADE:

- GONZÁLEZ, R.; ARNAIZ, G. (coord.): El discurso intercultural. Prolegómenos a una filosofía intercultural. Madrid, Ed. Biblioteca Nueva, 2002.

- FARIÑAS DULCE, M.J.: “La tensión del pluralismo”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Interculturalidad, género y educación”. Documentación del V Congreso Internacional de Filosofía intercultural. London, 2004, páxs. 257-265.

- SENENT DE FRUTOS, J.A.: “El arte de la guerra y la crisis de las relaciones sociales”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Interculturalidad, género y educación”. Documentación del V Congreso Internacional de Filosofía Intercultural. London, 2004, páxs. 295 y ss.

- VILLORO, L.: “Condiciones de la interculturalidad”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Nuevos colonialismos en las relaciones Norte-Sur. London, 2005, páxs. 219-230.

- DUSSEL, E.: “Modernidad, Imperios europeos, Colonialismo y Capitalismo”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Nuevos colonialismos en las relaciones Norte-Sur. London, 2005, páxs.155-177.

- OLIVÉ, L.: “Relaciones interculturales y justicia social”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Nuevos colonialismos en las relaciones Norte-Sur. London, 2005, páxs. 123-143.

- “Pluralismo y cultura”, en file://F:\intercultural\articulos electronicos\Pluralismoycultura.htm


b) DEREITOS HUMANOS:

- Declaración Universal de Dereitos Humanos, páxina a ONU: http://www.un.org/spanish/aboutun/hrights.htm

- BUENO, G.: “Etnocentrismo cultural, relativismo cultural y pluralismo cultural”, en EL Cartoblepas, revista crítica del presente, nº 2, abril, 2002, pág. 3. URL: http://WWW.nodulo.org/ec/2002/n002p3.htm

- VIOR, E.J.: “Migración y Derechos Humanos desde una perspectiva intercultural”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Migración e interculturalidad. Aachen, 2004. páxs. 109-117.

- FORNET-BETANCOURT, R.: Transformación intercultural de la filosofía. Bilbao, Desclée de Brouwer, 2001; capítulo VIII: “Los Derechos Humanos, ¿fuente ética de crítica cultural y de diálogo entre las culturas?.

- FARIÑAS DULCE, M.J.: Los Derechos Humanos: desde la perspectiva sociológico-jurídica a la actitud postmoderna. Madrid, Dykinson, 1997.

- MARTÍNEZ DE PISÓN, J.: Derechos humanos: historia, fundamento y realidad. Zaragoza, Egido, 1997.

- CARRILLO SALCEDO, J.A.: Dignidad frente a barbarie. Madrid, Trotta, 1999. Capítulo V: “Presente y futuro de la Declaración Universal de Derechos Humanos”, páxs. 105-153.



Tema 2: A identidade moral e a cidadanía nunha sociedade intercultural



  1. Sentido do tema

O posibilitador primeiro da convivencia nunha sociedade plural é o desenvolvemento moral dos individuos que a forman, xa que unha deficiente maduración cognitiva e moral destes, conlevará o egocentrismo, o dogmatismo e toda unha serie de contravalores que dificultan as relacións interpersoal e a resolución pacífica dos conflictos.


Partindo deste suposto, neste tema se aborda a cuestión da formación das identidades individuais e o desenvolvemento moral, que é considerado como un paso previo é ao mesmo tempo consustancial á formación da cidadanía, considerando que é a partires del como se pode tomar conciencia dos dereitos dos “outros” como suxeitos en relacións de igualdade con “nos-outros”, aspecto que é profundizado no segundo epígrafe do tema, no que se dedica unha especial atención ás diferencias xenéricas é ás culturais.
Unha vez definida no apartado anterior a importancia da construcción de identidades individuais fortes, o segundo apartado adéntrase na cuestón da cidadanía como sentimento de pertenza a unha comunidade. Son moitas as definicións que se poden dar do concepto de cidadanía según o aspecto ao que se atenda, pero neste caso vaise prestar unha especial atención á ciudadanía intercultural, no sentido non só de cidadanía no seu compoñente legal (o/a cidadán como suxeito de dereitos), senón sobre todo ao aspecto de cidadanía como sentimento, o que conleva necesariamente a característica da participación.


  1. Epígrafes

- Desenvolvemento moral

- Cidadanía intercultural


  1. Materiais ou referencias

A selección de materiais e referencias estará dispoñible na Guía do tema, na aula virtual.





  1. Método de traballo

Na aula virtual, o alumnado conta cunha Guía do tema, que lle irá marcando os pasos a seguir para o seu traballo, así como os materiais que pode manexar e as tarefas propostas.




  1. Bibliografía




  1. Desenvolvemento moral

- “Estadios evolutivos del razonamiento moral”, en http://www.xtec.es/lvallmaj/passeig/kohlber2.htm

- HERSH, R.: REIMER, J.; PAOLITTO, D.: El crecimiento moral. De Piaget a Kohlberg. Madrid, Narcea, 1984.

- DELVAL, J.; ENESCO, I.: Moral, desarrollo y educación. Madrid, Alauda/Anaya, 1994.

- DIAZ AGUADO, M.J.; MEDRANO, C.: Educación y razonamiento moral. Bilbao, Mensajero, 1994.

- BÁRCENA, F.; GIL, F.; JOVER, G.: La escuela de la ciudadanía. Educación ética y política. Bilbao, Desclée de Brouwer, 1999.

- JORDAN, J.A.; SANTOLARIA, F.F.: La educación moral hoy. Barcelona, PPU, 1987.

- KOHLBERG, L.; POWER, F.C. : La educación moral según L. Kohlberg. Barcelona, Gedisa, 1997.

- PEREZ DELGADO, E.; GARCIA ROS, R.: La psicología del desarrollo moral.Madrid, Siglo XXI, 1991.

- PETERS, R.S.: Desarrollo moral y educación moral. México, FCE, 1984.


- PUIG ROVIRA, J.: La construcción de la personalidad moral. Barcelona, Paidós, 1996.

- GILLIGAN, C.: La moral y la teoría. México, FCE, 1985.

- COBO, J.M.: Educación ética para un mundo en cambio y una sociedad plural. Madrid, Endimión, 1993.

- NAIR, S.: El desplazamiento en el mundo: inmigración y temáticas de identidad. Madrid, Ministerio de Trabajo, 1998.

- NASH, M.; MARRE, D. (ed): Multiculturalismo y género.. Barcelona, Bellaterra, 2001.

- DINA PICOTTI: “la filosofía latinoamericana y la cuestión del género”, en FORNET-BETANCOURT, R: Interculturalidad, género y educación. Documentos del V Congreso Internacional de Filosofía Intercultural.. London, 2004. páxs. 155-179.

- VALLESCAR, D. de: “La filosofía en Europa y la cuestión del género”, en FORNET-BETANCOURT, op. cit., páxs. 181-220.

- ONGHENA, Y.: “Dinámicas interculturales y construcción identitaria”, en FORNET-BETANCOURT, R.: Migración e interculturalidad. Aachen, 2004. páxs. 259-273.

- TODOROV, T.: Les morales de l’ histoire. Post.scriptum: “la connaissance des autres. Paris, Grasset, 1991, páxs. 37-40.

- ALSINA, R.: Comunicación intercultural. Barcelona, Anthropos, 1999. Páxs. 44-87.

- LÓPEZ DE LA VIEJA, T.: “Ética de la diferencia”, en http://www.ucm.es/info/nomadas/1/tldlvieja1.htm.
b) cidadanía:
- KYMLICKA, W.: Ciudadanía multicultural. Barcelona, Paidós, 2000.

- “El enfoque intercultural en las políticas públicas para el desarrollo humano”. Col. Cuadernos de Q’ anil, nº 2.

- ABAD, L.: Inmigración, pluralismo y tolerancia. Madrid, Popular, 1993.

- ALGUACIL GÓMEZ, J.: “Ciudad, ciudadanía y democracia urbana”, en Cuadernos de documentación social, nº 119, páxs. 157-177.


- CONILL, J.: Glosario para una sociedad intercultural. Valencia, Bancaza, 2002.

- CONTRERAS, J.: Los retos de la inmigración: racismo y pluriculturalidad. Madrid, Talasa, 1994.

- CORTINA, A.: Ciudadanos del mundo. Madrid, Alianza, 1997.

- DAHRENDORF, R.: El conflicto social moderno. Ensayo sobre la política de la libertad. Madrid, Mondadori, 1998.

- GIDDENS, A.: Consecuencias de la modernidad. Madrid, Alianza, 1990.

- GARCÍA, A.; SAEZ, J.: Del racismo a la interculturalidad. Madrid, Narcea, 1998.

- IZQUIERDO, A.: La inmigración inesperada. Madrid, Tecnos, 1993.

- LAMO DE ESPINOSA, E. (comp): Culturas, Estados, Ciudadanos. Una aproximación al multiculturalismo en Europa. Madrid, Alianza, 1995.

- MARTINEZ DE PISÓN, J.: Tolerancia y derechos fundamentales en las sociedades multiculturales. Madrid, Tecnos, 2001.

- RODRÍGUEZ PALOP, M.E.: Derechos culturales y derechos humanos de los inmigrantes. Madrid, Univ. Pontificia de Comillas, 2000.

- SARTORI, G.: La sociedad multiétnica. Pluralismo, multiculturalismo y extranjeros. Madrid, Taurus, 2001.

- SORIANO AYALA, E. (coord): Identidad cultural y ciudadanía intercultural. Madrid, La Muralla, 2001.


Tema 3: A formación de persoas e cidadáns nunha sociedade intercultural


  1. Sentido do tema

O tema 3 pode ser considerado, dalgún xeito, como o colofón ou a recapitulación e a posta en práctica de todo o aprendido anteriormente na actividade profesional dos/as postgraduados/as en Xestión Cultural, que en última instancia ten necesariamente que formar aos cidadáns e cidadás para a convivencia nunha sociedade plural, democrática e intercultural. Por iso, tra-la reflexión teórica, o esencial da abordaxe do tema vai ser a realización dun proxecto (que pode desenvolverse no ámbito formal, informal ou non formal) de educación intercultural, o que pensamos que dará sentido e aplicación a todo o aprendido ao longo do curso.





  1. Epígrafes

1. A ética intercultural como forma de vida

2. Educación intercultural

2.1. Enfoques

2.2. Valores

3. Actitudes da formadora/formador intercultural




  1. Materiais

A selección de materiais e referencias estará dispoñible na Guía do tema, na aula virtual.




  1. Método de traballo

Na aula virtual o alumnado dispón dunha Guía do tema, na que se lle indican os documentos a consultar para preparar a actividade proposta, que pode ser individual ou en grupos, consistente nun proxecto intercultural.


  1. Bibliografía

- BÁRCENA, F.; GIL, F.; JOVER, G.: La escuela de la ciudadanía. Educación ética y política. Bilbao, Desclée de Brouwer, 1999.

- BILBENY, N.: Democracia para la diversidad. Barcelona, Ariel, 2000.

- COBO, J.M.: Educación ética para un mundo en cambio y una sociedad plural. Madrid, Endimión, 1993.


- LLOPIS, C.: Los derechos humanos. Educar para una nueva ciudadanía. Madrid, Narcea, 2001.

- ORTEGA, R.E.; MINGUEZ, R.: La educación moral del ciudadano de hoy. Barcelona, Paidós, 2001.

- PÉREZ, G.: Cómo educar para la democracia. Estrategias educativas. Madrid, Educación Popular, 1997.

- SCHUJMAN, G.: Formación ética y ciudadana: un cambio de mirada. Barcelona, Octaedro, 2004.

- DE MIGUEL DÍAZ, M.: “Minorías y educación intercultural”. en Bordón, Nº 44 (1), 1992, PÁXS. 23-35.

- JORDAN, J.A.: La escuela multicultural. Paidós, Barcelona, 1994.

- RODRÍGUEZ ROJO, M.: La educación para la paz y el interculturalismo como tema transversal. Barcelona, Oikos-Tau, 1995.

- SAEZ ALONSO, R.: “En una sociedad pluralista, una educación intercultural”, en Revista Complutense de educación, vol. 3, nº 1 y 2. Madrid, 1992, páxs. 263-281.

- SALES, A.; GARCIA, R.: Programas de educación intercultural.: Bilbao, Desclée de Brouwer, 1997.

- SANTOS REGO, M.A. (ED): Teoría y práctica de la educación intercultural. Santiago, Univ.Santiago, 1994.

- TORRES, C.A.: Democracia, educación y multiculturalismo. Madrid, Siglo XXI, 2003.

- CAMPS, V.: Educar para la ciudadanía.Sevilla, Fundación ECOEM, 2007.

- ETXEBERRÍA, X.: Educación sentimental en la ciudadanía. Bilbao, Bakeaz, 2008.

V. Atribución da carga ECTS: Plan de traballo do alumnado.
Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa discusión (sesións expositivas) 12 horas

Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica) 6 horas

Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumnado 120 horas

Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico 4 horas



Actividade presencial: actividades de avaliación 8 horas

VI. Indicacións sobre a avaliación e resultados da aprendizaxe.


  1. Para a primeira avaliación ordinaria (Xuño):

    a) Actividades de avaliación continua: ata 4 puntos.
    b) 1 traballo final para avaliación global: ata 4 puntos.
    c) Se o traballo final é exposto na clase: ata 1,5 puntos pola exposición.
    d) Asistencia a clase con participación activa: ata 0.5 puntos

    Todos os traballos indicados son obrigatorios. Non presentar algún deles suporá unha avaliación final negativa.


    As datas dos traballos de avaliación continua se decidirán con periodicidade.


    B) Para a segunda avaliación ordinaria (Xullo):

    Se avaliará só polo traballo final para a avaliación global: ata 10 puntos.










Compartir con tus amigos:


La base de datos está protegida por derechos de autor ©psicolog.org 2019
enviar mensaje

    Página principal
Universidad nacional
Curriculum vitae
derechos humanos
ciencias sociales
salud mental
buenos aires
datos personales
Datos personales
psicoan lisis
distrito federal
Psicoan lisis
plata facultad
Proyecto educativo
psicol gicos
Corte interamericana
violencia familiar
psicol gicas
letras departamento
caracter sticas
consejo directivo
vitae datos
recursos humanos
general universitario
Programa nacional
diagn stico
educativo institucional
Datos generales
Escuela superior
trabajo social
Diagn stico
poblaciones vulnerables
datos generales
Pontificia universidad
nacional contra
Corte suprema
Universidad autonoma
salvador facultad
culum vitae
Caracter sticas
Amparo directo
Instituto superior
curriculum vitae
Reglamento interno
polit cnica
ciencias humanas
guayaquil facultad
desarrollo humano
desarrollo integral
redes sociales
personales nombre
aires facultad